Quenes somos?
Somos Marina e María e xuntas formamos Bala Studio, unha produtora audiovisual destinada aos proxectos culturais. Ofrecemos a gravación de espectáculos en directo; gravación de pezas culturais e a edición destas pezas (sen lervar as RRSS destas, só gravar e editar pezas). Así como a realización e retransmisión en directo de eventos e espectáculos.

Por que montamos unha empresa tan concreta?
Para fomentar as pequenas compañías e actuacións culturais que non explotan o seu potencial ao mundo audioviusal. Eliximos esta idea porque parécenos importante fomentar proxectos culturais que non teñen un auxe tan grande e notorio como o cine ou publicidade. Para que estas empresas consiguan unha boa difusión e distribución do que fan co fin de que consigan un público máis grande.




